CRPIH

Logo CORGA 3.0

CORGA 3.0

Corpus de Referencia do Galego Actual.

ISSN 1988-1541

O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) é un corpus documental etiquetado automaticamente representativo do uso lingüístico do galego actual. Abrangue dende 1975 ata a actualidade e nel están representados os diferentes tipos de textos galegos actuais. Aquí unifícanse os dous sistemas de consulta en liña dispoñibles anteriormente (o do CORGA e o do CORGAetq) nun único sistema que dá cabida ás diferentes aproximacións de busca: consulta por palabras ortográficas, elementos gramaticais, clases de palabras, etiquetas ou lemas.

  Entrar en CORGA 3.0

Logo TERGAL

TERGAL

Banco de termos galegos recomendados.

ISSN 2530-4917

TERGAL é un banco de datos terminolóxico que recolle as denominacións galegas recomendadas para conceptos das linguas de especialidade e, de maneira especial, dos dominios científico e técnico. Ademais dos termos recomendados en lingua galega, os rexistros tamén inclúen información conceptual que axuda a identificar a noción á que fan referencia, así como un amplo número de equivalentes noutras linguas.

  Entrar en TERGAL

Logo MedDB 3

MedDB 3

Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa.

ISSN 1989-4546

Base de datos do corpus completo das cantigas medievais dos trobadores galego-portugueses, con información detallada tanto das composicións como dos aspectos histórico-biográficos dos trobadores.

  Entrar en MedDB 3

Logo CODOLGA 10

CODOLGA 10

Corpus Documentale Latinum Gallaeciae.

ISSN 1887-5602

O Corpus Documentale Latinum Gallaeciae nace co propósito de elaborar un corpus textual o máis completo e actualizado posible con toda a documentación medieval relacionada con Galicia en lingua latina desde o século VI ata o XV, ambos inclusive. Abrangue os textos recollidos nos cartularios e coleccións dos centros monásticos: Samos, Sobrado, Oseira, Celanova, Xubia, Lourenzá, Carboeiro, Caaveiro, Antealtares, San Martiño Pinario etc., así como documentación das sés catedralicias de Santiago, Mondoñedo, Lugo, Tui e Ourense.

  Entrar en CODOLGA 10

Logo DiTerLi 2

DiTerLi 2

Base de datos do Dicionario de Termos Literarios.

O Dicionario de Termos Literarios inclúe voces de moi diversos ámbitos, desde as que proveñen da Poética e a Retórica clásicas até aquelas que están aínda consolidándose nos campos plurais dos programas de investigación máis recentes.

  Entrar en DiTerLi 2

Logo BiRMED 2

BiRMED 2

Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval.

ISSN 1989-869X

A Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) é unha base de datos que ten como obxectivo servir como ferramenta de traballo aos estudiosos da literatura galega medieval, facilitando a busca de referencias e o contacto entre a produción científica de distintas áreas xeográficas. Esta é unha evolución da Bibliografía de Referencia da Lírica Medieval Galego-Portuguesa (ISSN 1988-0936) publicada en agosto de 2006.

  Entrar en BiRMED 2

Logo BILEGA 2

BILEGA 2

Bibliografía informatizada da lingua galega.

ISSN 1885-2920

BILEGA é unha base de datos que contén información bibliográfica anotada sobre traballos de investigación ou de divulgación / opinión que se ocupan da lingua galega -de forma exclusiva ou parcial- nas diferentes fases do seu desenvolvemento histórico (incluídos os períodos de formación).

  Entrar en BILEGA 2