CRPIH

21/03/2007
Logo CODOLGA-Corpus Documentale Latinum Gallaeciae.

O Corpus Documentale Latinum Gallaeciae é un corpus textual con documentación latina medieval relacionada con Galicia no período cronolóxico que abrangue desde o século VI ata o XV, ambos inclusive.

O Corpus Documentale Latinum Gallaeciae é un corpus textual que se actualiza anualmente con documentación medieval relacionada con Galicia publicada en lingua latina desde o século VI ata o XV, ambos inclusive. Abrangue os textos recollidos nos cartularios e coleccións dos centros monásticos: Samos, Sobrado, Oseira, Celanova, Xubia, Lourenzá, Carboeiro, Caaveiro, Antealtares, San Martiño Pinario etc., así como documentación das sés catedralicias de Santiago, Mondoñedo, Lugo, Tui e Ourense e ordes militares.

O proxecto materialízase nunha base de datos (GALADOC) actualizada continuamente que conta nestes momentos (febreiro 2007) con 12.000 documentos que reflicten o contido de 150 edicións. Cada documento, debidamente escaneado e limpo de toda información editorial non latina, conta cunha cabeceira individual composta por 19 campos de información arquivística, cronolóxica e editorial. O rexistro complétase en cada caso co rexesto correspondente completamente revisado.

A infraestructura informática na que está inserida esta enorme cantidade de documentación permite realizar buscas de calquera palabra ou conxunto de palabras segundo diversos criterios, o que fai deste corpus textual unha ferramenta básica para investigacións de diversa índole: lingüística, literaria, histórica, cultural ou sociolóxica.

Paralelamente a isto, o equipo de investigación do proxecto está a facer unha edición propia, totalmente revisada e posta ó día, dos 180 rexistros que compoñen toda a Documentación Real anterior ó ano 1.000 incluida nesta Base de Datos.

Dirección/Coordinación

José Eduardo López Pereira.

Persoal vinculado

Equipo filolóxico e historiográfico: José Luis Couceiro Pérez, José Manuel Díaz de Bustamante, Fernando López Alsina.

Colaboradores: Francisco Carrillo Boutureira, Mar Sueiro Pena, Mª Inés Verde Pena.

Bolseira: Ángeles Rodríguez Prieto.

Publicacións resultantes

Como instrumento para a investigación Codolga foi consultado polos investigadores das Universidades a continuación relacionadas: Universidad Alicante, Universidad Autónoma de Madrid, Universidad Autónoma de Barcelona, Università Cattolica del Sacro Cuore di Milano, Universidad Complutense de Madrid, Universidade da Coruña, Universidad de Alcalá, Universidad de Alicante, Universidad de Barcelona, Universidad de Buenos Aires, Universidad de Chile, Universidad de Coimbra, Universidad de Extremadura, Universidad de Granada, Universidade de Kansas, Universidad de La Rioja, Universidad de Las Palmas de Gran Canaria, Universidad de Leipzig, Universidade de Lisboa, Universidad de León, Universidade de Lisboa, Universidad del País Vasco, Universidad del Valle de Guatemala, Universidad de Murcia, Universidad de Navarra, Universidad de Oviedo, Universidad de Salamanca, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Sao Paulo , Universidad de Tréveris, Universidade de Trier, Universidad de Valencia, Universidad de Valladolid, Universidade de Vigo, Universidad de Zaragoza, Università di Siena, Università di Torino, Universidade do Algarve, Universidade do Minho, Universidade do Porto, Universidad Erlangen-Nürnberg, Universidade Estadual Vale do Acarau, Universidade Federal do Paraná, Universidad Jaume I, Universidad Nacional a Distancia, Universidad Pablo de Olavide, Universität Erlangen, Universität Tübingen, Universiteit van Amsterdan, University College, University Columbia, University of Exeter, University of Manchester , University of Mary Washington, University of South Florida, etc…

Ata o día de hoxe (febreiro 2007) o número de usuarios rexistrados corresponde a 530 investigadores pertencentes a centros de investigación, universidades ou outros centros de ensino e diferentes organismos ou entidades de titularidade estatal ou privada que realizaron un total de 12.972 visitas e supuxeron 113.474 consultas executadas desde a súa presentación e posta en marcha no ano 2004.

Actividades científicas organizadas e previstas

I Seminario “Corpora Documentales de Latín Medieval Hispano”, coincidente coa presentación oficial de CODOLGA. O programa desenvolvido na presentación do Corpus, durante os días 12 e 13 de febreiro contou coa presencia de 14 persoas traballando no Centro Ramón Piñeiro: 4 expertos de Lisboa -D. Aires Augusto Nascimiento, D. Arnaldo Espírito-Santo, D. Paulo F. Alberto e D. Rodrigo Furtado-, 3 de Alicante -D. Juan Francisco Mesa Sanz, Dª María de la O Martínez Blanes e D. Juan Antonio Barrio Barrio-, 2 de León -D. Maurilio Pérez González, D. José María Fernández Catón-, 2 de Valladolid -D. José Manuel Ruiz Asencio, Dª. Estrella Pérez Rodríguez- ademais de 1 de Barcelona -D. Pere J. Quetglas Nicolau-, 1 de Burgos –D. José Antonio Fernández Flórez- e 1 de Santiago de Compostela -D. Manuel C. Díaz y Díaz- que están a desenvolver proxectos semellantes é que seguen a metodoloxía que nós fixamos no CIRP.

Participación en reunións científicas, congresos, encontros, cursos e outros eventos

Desde o comenzo da publicación de CODOLGA no ano 2004 estas son as principiais aportacións científicas dos colaboradores do proxecto:

COUCEIRO PÉREZ, X. L. "La filología italiana y la literatura gallega", ed. Mercedes Arriaga Flórez et alii, en Italia-España-Europa: Literaturas Comparadas, Tradiciones y Traducciones, num. 11, Sevilla, Arcibel, 2005, pp. 147-164, ISBN: 84-934085-4-9.

COUCEIRO PÉREZ, X. L. "CODOLGA na investigación do léxico hispánico primitivo", en As tebras alumeadas. Estudos filolóxicos ofrecidos en homenaxe a Ramón Lorenzo, Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 2005, pp. 83-101.D.l. C. 2974-2005, ISBN: 84-97505-2.

DÍAZ DE BUSTAMANTE. J. M. Documentos selectos para el estudio de los orígenes del romance en el Reino de León. Siglos X-XII. Edición facsímil, introducción y estudio ... por J. M. Fernández Catón, M. C. Díaz y Díaz, J. A. Pascual Rodríguez, J. M. Ruíz Asencio, J. R. Morala Rodríguez, J. A. Fernández Flórez y J. M. Díaz de Bustamante. Madrid: Fundación MonteLeón- Testimonio Compañía Editorial y Colección «Fuentes y Estudios de Historia Leonesa», 2003. [ISBN 84-87667-59-7] (Colección «Fuentes y Estudios de Historia Leonesa»), 84-95767-39-2 (Testimonio Compañía Editorial).

DÍAZ DE BUSTAMANTE. J. M. "Latin Languaje and Literature", pp. 463-466 en E. Michael Gerli, (ed.), Medieval Iberia: An Encyclopedia. New York-London: Routledge, 2003 [ISBN 0-415-93918-6].

DÍAZ DE BUSTAMANTE. J. M. "Problemas esperables en la constitución de una base de datos de texto libre a partir de un corpus documental", en Hermógenes Perdiguero Villareal (ed.), Lengua romance en textos latinos de la Edad Media. Sobre los orígenes del castellano escrito, Burgos: Universidad de Burgos- Instituto de la Lengua, 2003, pp. 25-38 [ISBN 84-95211-81-5].

DÍAZ DE BUSTAMANTE. J. M. "Introduzione", en Francesco Santi (ed.), «Biblioteche Elettriche: Letture in Internet : una risorsa per la ricerca e per la didaticca», Textus I, Collana di Studi di Filología Elettronica e di Informatica Umanistica, Firenze: Edizioni del Galluzzo, 2003, pp. 3-22. [ISBN 88-8450-041-9].

DÍAZ DE BUSTAMANTE. J. M. "Los trabajos y los días: acerca de colecciones y ediciones de documentos latinos de la Edad Media", en Fernández Catón, José Mª (ed.), Orígenes de las lenguas romances en el Reino de León. Siglos IX-XII. Actas del Congreso Internacional, celebrado en León, 15-18 octubre 2003, León: Centro de Estudios e Investigación «San Isidoro»- Caja España de Inversiones, 2004, 2 vols. [Colección «Fuentes y Estudios de Historia Leonesa», vols. 103-104]; vol. 2, pp. 349-361. [ISBN 84-87667].

DÍAZ DE BUSTAMANTE. J. M. "Noticia e presentación dunha nova ferramenta de investigación. CODOLGA", Compostellanum 49 (2004), pp. 755-762.

DÍAZ DE BUSTAMANTE. J. M. "Beatus Liebanensis abb.", pp. 133-142, y "Taio Caesaragustanus ep.", pp. 520-525, en Paolo Chiesa e Lucia Castaldi (eds.) La trasmissione dei Testi latini del Medioevo. Mediaeval Latin Texts and their Transmission. Te. Tra 2, a cura di --- Firenze: SISMEL- Edizioni del Galluzzo 2005 (Millennio Medievale 57. Strumenti e Studi, 10) 610 pp. [ISBN 88-8450-164-4].

DÍAZ DE BUSTAMANTE. J. M. "Notas a xestión de bases de datos textuais: a documentación latina medieval do Reino de Galicia", en Ana Isabel Boullón Agrelo- Xosé Luis Couceiro Pérez- Francisco Fernández Rei (eds.), As tebras alumeadas. Estudos filolóxicos ofrecidos en homenaxe a Ramón Lorenzo, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, pp. 115-125. [ISBN 84-9750-523-9]

LÓPEZ ALSINA, F. La red y las fuentes documentales medievales: el ejemplo de Codolga. Pescar o navegar: la Edad Media en la red, Zaragoza 6-8 mayo 2004. CL 19-40, 2005. Universidad de Zaragoza.

LÓPEZ ALSINA, F. La singularidad de Galicia en la Edad Media. Fundamentos medievales de los particularismos hispánicos. IX Congreso de Estudios Medievales, León 15-18 diciembre 2003. CL 61-75, 2005. Fundación Sánchez Albornoz León.

LÓPEZ ALSINA, F. Les prérogatives de saint Jacques en Espagne selon le Pseudo-Turpin: traditions compostellanes ou traditions carolingiennes? Compostelle. Cahiers d´Études de Recherche et d´Histoire Compostellanes. A Nouvelle Série 8 (2005) 38-56. Paris.

LÓPEZ ALSINA, F. La reforma eclesiástica: la generalización de un modelo de parroquia renovado La reforma gregoriana y su proyección en la cristiandad Occidental. Siglos XI-XII. XXXII Semana de Estudios Medievales. Estella 18-22 de julio 2005. CL 421-450, 2006. Gobierno de Navarra (Pamplona).

LÓPEZ ALSINA Fernando. La cristalización de Tui como espacio de poder señorial entre 1095 y 1157. Tui: Pasado, presente y futuro. I Coloquio de Historia de Tui, coord. M. Cendón Fernández y S. González Soutelo. Tui 2004. CL 57-95, 2006 Diputación de Pontevedra (Pontevedra).