CRPIH

07/10/2008
Logo Cantigas de Santa María

O Proxecto Cantigas de Santa María forma parte do proxecto ArGaMed, incorporando a parte de poesía relixiosa á lírica profana, tanto no que respecta á incorporación dos textos afonsinos á MedDB, como á complementación da base de datos bibliográfica.

Ata o de agora, tense fixado o texto crítico das Cantigas de Loor que saiu publicado en 2004, acompañado de extensos comentarios das cantigas editadas, e que se está incorporando a MedBD extendendo dese xeito o corpus poético medieval galego-portugués; a previsión é que se incorporen tamén a totalidade dos textos afonsinos.

O proxecto aspira a atender tamén ós outros dous aspectos fundamentais desta obra literaria: o estudio musicolóxico e o iconográfico. Ata agora non existe unha aproximación exhaustiva a este monumento literario baixo esta triple perspectiva, que se vería completada coa dixitalización íntegra dos cancioneiros.

Coa intención de achegar as Cantigas a un público máis amplo, publicouse en 2005 As Cantigas de Santa María: proposta de explotación didáctica, que presenta unha escolma dos testos afonsinos acompañados de explicacións do contexto da cantiga e exercicios para a súa explotación e comprensión.

Dirección/Coordinación

Elvira Fidalgo.

Persoal vinculado

Francisca Rodríguez (Bolseira).

Desenvolvemento informático

  • Fernando Magán Muñoz
  • José Carlos Sánchez Rivas.

Publicacións resultantes

Libros

As Cantigas de Loor de Santa María. Edición e comentario (Milagros Muíña, Fernando Magán Abelleira, Mª Xesús Botana Villar; E. Fidalgo, coord.), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, 2004 (452 pp.).

Cantigas de Santa María. Proposta de explotación didáctica, Milagros Muíña, Elvira Fidalgo, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, 2005 (337 pp.).

Artigos e comunicacións

Milagros Muíña: “O contido teolóxico das cantigas de loor: algunhas hipóteses para a súa autoría”, Actes del X Congrés Intyernacional de l’Associació Hispánica de Literatura Medieval (R. Alemany, J. L. Martos, J.M. Manzano, eds.), Institut Universitari de Filologia Valenciana, 2005, pp. 1199-1215.

Milagros Muíña, “A muller custodiada: A cantiga 64 de Afonso X” en Formas Narrativas Breves en la Edad Media (E. Fidalgo, ed..), Universidade de Santiago de Compostela, 2005, pp. 303-345.

Elvira Fidalgo, “Variedad métrica en las Cantigas de Santa Maria” en Studi di Filologia Romanza offerti a Valeria Bertolucci Pizzorusso (P. G. Beltrami, M. G. Capusso, F. Cigni y S. Vatteroni, coord.), Pacini Editori, Pisa, 2006, Vol. I, pp. 561-579.

Elvira Fidalgo, “Cantigas «de amor» a santa Maria” en Estudios dedicados a Ricardo Carvalho Calero, 2 vols (J. L. Rodríguez, ed.), Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela – Parlamento de Galicia, 2000, II pp. 255-266.

Elvira Fidalgo, “Lo que nos dice la cantiga 130”, Literatura y cristiandad. Homenaje al profesor Jesús Montoya Martínez, Universidad de Granada, 2001, pp. 339-349.

Elvira Fidalgo, “O nome de María”, As tebras alumeadas. Estudos Filolóxicos ofrecidos en Homenaxe a Ramón Lorenzo (A. I. Boullón Agrelo et alii, coords.), Universidade de Santiago de Compostela, 2005, pp. 553-565.