CRPIH

30/10/2012
Logo Dicionarios de literatura

Gran dicionario xeral de termos literarios, que inclúe voces referidas a Retórica, Métrica, Semiótica, Poética, Marratoloxía, Ciberliteratura, Hermenéutica, etc.

No estado actual o Proxecto Dicionarios de literatura experimentou algunhas reorientacións respecto da concepción inicial. Tal e como agora se contempla, consiste en elaborar, por unha parte, un gran dicionario xeral de termos literarios, que inclúe voces referidas a Retórica, Métrica, Semiótica, Poética, Narratoloxía, Hermenéutica, Ciberliteratura, etc., do que sairán outros máis especializados de cada unha desas parcelas ou disciplinas do coñecemento. Por outra parte, fronte á intención inicial de elaborar un gran dicionario xeral de literatura galega, optouse por parcelar máis o campo e comezar a pensar en dicionarios para cada unha das etapas que tén asentadas a periodoloxía da literatura galega: Rexurdimento, Época Nós, Ditadura, Restauración democrática, etc.

Dirección/Coordinación

Dirección xeral do proxecto

Anxo Tarrío Varela.

Dirección do DiTerLi

Equipo Glifo (Anxo Abuín González, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo Casas Vales, Blanca-Ana Roig Rechou, Anxo Tarrío Varela e Darío Villanueva Prieto).

Dirección do Dicionario Literario do Rexurdimento

Anxo Tarrío Varela e Modesto Hermida García.

Coordinación informática

Fernando Magán Muñoz, José Carlos Sánchez Rivas.

Persoal vinculado

Unha bolseira e cinco colaboradores externos, estes sen remuneración a partir do 31 de decembro de 2012.

Publicacións resultantes

Até o momento publicáronse dous volumes (1998, 2003) do Dicionario de termos literarios, que abranguen as letras A-H, cun total de 1800 voces. Ademais, dende 2006, está a disposición pública na rede a base de datos DiTerLi, construída polo equipo informático do Centro, na que se van incorporando redaccións de voces posteriores ás comprendidas nas referidas letras, A-H, así como outras dese mesmo tramo non incorporadas no seu momento. En total suman 2300 voces redactadas até o momento.

O material reunido para os dicionarios de literatura galega, está a servir de fonte de consulta para outros proxectos do Centro, como Narrativa recuperada, Poesía recuperada e Edicións facsimilares. En breve prazo está prevista a publicación dun Dicionario literario do Rexurdimento, que se elaborou tendo en conta a metodoloxía dos paradigmas de investigación de natureza sistémica e que, polo tanto, inclúe voces relacionadas cos diferentes axentes que concorreron na construción do (proto)sistema literario galego e cos repertorios e institucións orientados ao mesmo fin.

Actividades científicas organizadas e previstas

Participación en reunións científicas, congresos, encontros, cursos e outros eventos