CRPIH

18/01/2017
Logo Fraseoloxía galega

Entre os seus obxectivos están a construción dun Tesouro Fraseolóxico galego, o impulso dos estudos fraseolóxicos e fraseográficos en Galicia e a tradución ó galego de obras de referencia da fraseoloxía eslava.

É un proxecto quintuplo.

  1. Construción dun Tesouro Fraseolóxico galego que reúna nunha base de datos non só o propio traballo de campo senón tamén, na medida do posible, a totalidade das recolleitas fraseolóxicas dende o P. Sarmiento ata hoxe. Confórmano fontes orais e fontes escritas (recolleitas fraseolóxicas publicadas e inéditas, expurgos lexicográficos, contextos do cantigueiro popular e dalgunhas relevantes obras literarias). Proximamente estará na Rede un fondo de 60.000 ocorrencias. Previsión de supera-las 200.000.

  2. Impulso dos estudos fraseolóxicos e fraseográficos en Galicia, mediante Coloquios e a revista Cadernos de Fraseoloxía Galega na que levan colaborando en galego 177 fraseólogos de 22 países de Europa e de América. Dende o número 6 é anuario (ISSN 1698-7861). En prensa o número 17, 2015. Tódolos números anteriores están na Rede en formato PDF. Esta revista contribúe a impulsa-lo funcionamento da lingua galega como lingua de debate científico.

  3. Tradución ó galego de obras de referencia da fraseoloxía eslava que non teñan aínda tradución a ningunha lingua da Europa occidental. Iniciouse con obras do prof. de San Petersburgo Valerii Mokienko: As imaxes da lingua rusa (2000) e Fraseoloxía eslava (2000) e continuou cunha obra Aspectos teóricos da fraseoloxía (2009) dos Prof. da Academia Rusa das Ciencias, Anatólij Baránov e Dmitrij Dobrovol’skij. Preténdese así colaborar á proxección exterior da lingua galega.

  4. Informes fraseolóxicos para responder ás peticións de información fraseolóxica e envío de información a distintos fraseólogos de diferentes países. Colaboración nos dous volumes do proxecto dun atlas fraseolóxico euroasiático Widespread Idioms in Europe and Beyond da Dra. Elisabeth Piirainen.

  5. Outros

    • Actas do I Coloquio Galego de Fraseoloxía (1998)
    • Refraneiro galego da vaca (1995)

Dirección/Coordinación

Xesús Ferro Ruibal.

Persoal vinculado

Neste proxecto foron colaborando sucesivamente e durante períodos desiguais as seguintes persoas: María Isabel González Rey, María Jesús Anido Silvosa, Mª do Carme Lamela Villaravid, Mª Clara Viqueira Liñares, Isabel Valiño Ferrín, Josefa Beloso Gómez, Maite Veiga Díaz, Patricia Buján Otero, Mª Carmen Paz Roca, Ana García Lozano, Marta Rodríguez Añón, Ana Vidal Castiñeira, Leopoldo Cañizo Durán, Cristina Veiga Novoa, Beatriz Vizcaíno Pena, Isabel Giráldez Arias, Emma Mª Salgueiro Veiga, Cristina Rodríguez Nieto, Alba Vidal Fernández, Fernando Groba Bouza, Xacinta Varela Martínez, Rebeca Lema Martínez, Noelia Surribas Díaz, Beatriz Pérez Traseira, Andrea Expósito Lourenzo.

Consello Científico e Consello de Redacción de CFG

Consello Científico

Margarita Alonso Ramos (Universidade da Coruña), María Álvarez de la Granja (Universidade de Santiago de Compostela), Javier Calzacorta Elorza (Euskaltzaindia. Real Academia de la Lengua Vasca), Maria Conca i Martínez (Universitat de València), Xermán Conde Tarrío (Universidade de Santiago de Compostela), Gloria Corpas Pastor (Universidad de Málaga), Stefan Ettinger (Universität Augsburg), José Enrique Gargallo Gil (Universitat de Barcelona), Xosé María Gómez Clemente (Universidade de Vigo), Luís González García (Universidade da Coruña), Mª Isabel González Rey (Universidade de Santiago de Compostela), Ángel Iglesias Ovejero (Université d’Orléans), Hugo Kubarth (Karl-Franzens-Universität Graz), Ottavio Lurati (Universität Basel), Joan Martí i Castell (Institut d’Estudis Catalans), Wolfgang Mieder (University of Vermont), Carmen Mellado Blanco (Universidade de Santiago de Compostela), Valerii Mokienko (Sankt-Peterbúrgskii Gosudárstvennii Universitet), Károly Morvay (Universidade Eötvös Loránd de Budapest), António Nogueira Santos (Portugal), Gerd Wotjak (Universität Leipzig), Alberto Zuluaga Ospina (Universität Tübingen).

Consello de Redacción do último número

Xesús Ferro Ruibal (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), María Álvarez de la Granja (Universidade de Santiago de Compostela), Carme López Taboada (IES Eusebio da Guarda da Coruña), Ramón Anxo Martíns Seixo (Escola Oficial de Idiomas de Vigo), María do Rosario Soto Arias (IES Eusebio da Guarda da Coruña) e Beatriz Pérez Traseira (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades).

Publicacións resultantes

BENAVENTE JAREÑO, Pedro e Ferro Ruibal, Xesús (1995): Refraneiro galego da vaca.

FERRO RUIBAL, Xesús (coord.) (1998): Actas do I Coloquio Galego de Fraseoloxía (1997).

MOKIENKO, Valerii (2000): Fraseoloxía eslava. (Manual universitario para a especialidade de lingua e literatura rusas).

MOKIENKO, Valerii (2000): As imaxes da lingua rusa.

BARÁNOV, Anatolij; DOBROVOL'SKIJ (2009): Aspectos teóricos da fraseoloxía.

Cadernos de Fraseoloxía Galega 1. Fraseoloxía do mar na Mariña Luguesa (RIVAS, Paco) (2000).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 2. Refraneiro galego (TABOADA CHIVITE, Xesús) (2000).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 3. Achegas a un diccionario de refráns galego-castelán, castelán-galego (SOTO ARIAS, Mª do Rosario) (2003).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 4. Estudos e recadádivas (2003).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 5. Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral (Francisco Vázquez Saco) (2003).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 6 (2004).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 7 (2005).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 8 (2006).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 9 (2007).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 10 (2008).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 11 (2009).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12 (2010).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 13 (2011).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 14 (2012).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 15 (2013).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 16 (2014).

VENTÍN DURÁN, José Augusto (2007): Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral.

BENAVENTE JAREÑO, Pedro; FERRO RUIBAL, Xesús (2010): O libro da vaca. Monografía e etnolingüística do gando vacún.

Actividades científicas organizadas

I Coloquio Galego de Fraseoloxía. Interviron Alberto Zuluaga Ospina (Tubingen), Gloria Corpas Pastor (Málaga), Franz Josef Hausmann (Erlangen-Nürnberg), Patrick Hanks (Oxford), Antonia M.ª Tristá Pérez (La Habana), Juan Martínez Marín (Granada), Maria Conca i Martinez (Valencia), Xabier Kaltzakorta (Bilbao), Fernando Varela (Viena), Delfín Carbonell Basset (Marshall Institut de Madrid), Antonio Nogueira Santos (fraseógrafo portugués-inglés), Marina Kótova (San Petesburgo), Leonel Ruiz Miyares (Santiago de Cuba). Por parte galega participaron Xosé María Gómez Clemente (Vigo), Luís González García e M.ª Rosario Soto Arias (A Coruña), Carmen Mellado Blanco e Xesús Ferro Ruibal (Santiago de Compostela).

En relación...
BDO:  Fraseoloxía galega BDO:  CFG BDO:  Cadernos de Fraseoloxía Galega 17, 2015 BDO:  Para dar trela. Manual práctico de fraseoloxía galega BDO:  Cadernos de Fraseoloxía Galega 16, 2014 BDO:  Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013 BDO:  Cadernos de Fraseoloxía Galega 14, 2012 BDO:  Cadernos de Fraseoloxía Galega 13, 2011 BDO:  O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún BDO:  Índices d'O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún BDO:  Cadernos de Fraseoloxía Galega 12 BDO:  Cadernos de Fraseoloxía Galega 11 BDO:  Aspectos teóricos da fraseoloxía BDO:  Cadernos de Fraseoloxía Galega 10 BDO:  Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral BDO:  Cadernos de Fraseoloxía Galega 9 BDO:  Cadernos de Fraseoloxía Galega 8 BDO:  Cadernos de Fraseoloxía Galega 7 BDO:  Cadernos de Fraseoloxía Galega 6 BDO:  Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral (Cadernos de Fraseoloxía Galega 5) BDO:  Estudos e recadádivas (Cadernos de Fraseoloxía Galega 4) BDO:  Achegas a un dicionario de refráns galego-castelán, castelán-galego (Cadernos de Fraseoloxía Galega 3) BDO:  Refraneiro Galego (Cadernos de Fraseoloxía Galega 2) BDO:  As imaxes da lingua rusa BDO:  Fraseoloxía eslava. (Manual universitario para a especialidade de lingua e literatura rusas) BDO:  Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (Cadernos de Fraseoloxía Galega 1) BDO:  Actas do I Coloquio Galego de Fraseoloxía BDO:  Refraneiro galego da vaca