CRPIH

07/06/2013
Logo Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil

Este proxecto acolle os traballos de investigación que anualmente realizan sobre Literatura Infantil e Xuvenil galega e doutros ámbitos lingüísticos os membros da Rede Temática de Investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI); os da Asociación de Investigadores en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS; os da Asociación de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia; e os do Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela LITER21 (GI-1819) adscritos ás súas liñas de investigación: “Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas”.

Este proxecto, creado a finais do ano 2012, abrangue os traballos que con periodicidade anual elaboran sobre Literatura Infantil e Xuvenil galega e doutros ámbitos lingüísticos a Rede Temática de Investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI) (http://www.usc.es/gl/proxectos/lijmi/); a Asociación galego-portuguesa de investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS; a Asociación de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia; e o Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela LITER21 (GI-1819), que conta entre as súas liñas de investigación: “Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas”.

Dirección/Coordinación

Blanca-Ana Roig Rechou.

Persoal vinculado

Membros natos e colaboradores da Rede LIJMI do ámbito galego

Blanca-Ana Roig Rechou, María Jesús Agra Pardiñas e Carmen Franco Vázquez (Universidade de Santiago de Compostela); Lourdes Lorenzo García, Veljka Ruzicka Kenfel e Celia Vázquez García (Universidade de Vigo); José Mª Mesías Lema (Universidade da Coruña); Isabel Mociño González (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades/Universidade de Vigo); Pilar Bendoiro Mariño (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades/Hope College. Michigan/Universidade de Santiago de Compostela); Carmen Ferreira Boo e Marta Neira Rodríguez (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades/Escuela Universitaria de Magisterio CEU San Pablo (Universidade de Vigo)/Universidade de Santiago de Compostela); Eulalia Agrelo Costas, Mónica Álvarez Pérez, Laura Blanco Casas, Berta Dávila Fernández e Mar Fernández Vázquez (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades/Universidade de Santiago de Compostela).

Membros natos e colaboradores doutros ámbitos do marco ibérico e iberoamericano que constitúen a REDE LIJMI

Ámbito castelán: Pedro Cerrillo Torremocha (Universidad de Castilla La Mancha), Jesús Sebastián Díaz Armas (Universidad de La Laguna), Ramón Llorens García (Universitat d´Alacant) e Mª Victoria Sotomayor Sáez (Universidad Autónoma de Madrid).

Ámbito catalán: Gemma Lluch Crespo (Universitat de València) e Caterina Valriu Llinàs (Universitat de L´Illes Balears).

Ámbito portugués: José António Gomes (Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico de Porto), Ana Margarida Ramos (Universidade de Aveiro) e Sara Reis da Silva (Universidade do Minho).

Ámbito vasco: Xabier Etxaniz Erle e Mari Jose Olaziregi Alustiza (Euskal Herriko Unibertsitatea/Universidade do País Vasco).

Ámbito iberoamericano: João Luís Ceccantini (Universidade Estadual Paulista “Júlio de Mesquita Filho”), Liliana Dorado (Hope College. Michigan) e Laura Guerrero (Universidad Iberoamericana Ciudad de México).

Publicacións resultantes

Monográfico anual sobre a temática que se define no Seminario/Workshop internacional que anualmente se realiza neste Centro de Investigación. Publicación anual en CD-ROM e na Web do centro do “Informe de Literatura Infantil e Xuvenil galega”, un observatorio que recolle a produción anual que de e sobre Literatura Infantil e Xuvenil galega se publica en Galicia e fóra dela. Conta cos seguintes apartados: Narrativa, Poesía, Teatro, Día das Letras Galegas, Ensaio. Teoría Xeral. Crítica. Biografías. Crónicas, Literatura de transmisión oral e Revistas. Ademais dáse noticia de premios, postas en escena (estreas e reposicións) e de novas varias sobre a vida das institucións que acollen esta Literatura. Trátase dunha bibliografía descrita da creación e recepción con ánimo de apoiar a investigación, dar información a calquera usuario e observar cómo se constrúe o sistema literario galego dende todos os ámbitos da comunicación literaria.

Actividades científicas organizadas e previstas

Actividades científicas organizadas

  • I Jornadas Internacionales “Literatura Infantil y Juvenil, Promoción de la Lectura y Prácticas Educativas”, celebradas na Escuela Universitaria CEU de Magisterio de Vigo (Vigo, 15-17 novembro 2012).
  • 18os Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil. “Literatura para a infância e a juventude educação literária”, celebrados na Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico do Porto (6-7 decembro 2012).
  • III Jornadas Internacionales de Crítica e Investigación en Literatura Infantil y Juvenil “¿Me traduces una historia? La traducción en el ámbito infantil y juvenil”, celebradas na Scuola di Lingue e Letterature, Traduzione e Interpretazione de Forlí, Universidade de Boloña, Italia (25-27 marzo 2013).

Actividades científicas previstas

  • Reunión anual da Rede Temática de Investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI).
  • II Seminario / Workshop Internacional “Inmigración / Emigración e Identidade na Literatura Infantil e Xuvenil. Século XXI”.
  • X Curso de Formación Continua. As Literaturas Infantís e Xuvenís Ibéricas e Iberoamericanas. A súa Influencia na Formación Lectora. Premios Literarios e de Ilustración.
  • XIX Encontros luso-galaico-franceses que se celebrarán no mes de decembro en Porto (Portugal) Realizar un dicionario sistémico de Literatura Infantil e Xuvenil en galego no marco do proxecto “Dicionarios de Literatura” dirixido por Anxo Tarrío.

Participación en reunións científicas, congresos, encontros, cursos e outros eventos

Entre os moitos aos que se responde por invitación puntual ou por interese do grupo, son citas fixas a organización ou coorganización de: os Encontros luso-galaico-franceses que se celebran no mes de decembro en Porto (Portugal); as “Jornadas” anuais que organiza a Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ) e a súa sección ELOS (Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil) e o Curso de Formación Continua “As Literaturas Infantís e Xuvenís do marco ibérico e iberoamericano. A súa influencia na formación lectora”, convocado co apoio do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela e que ten lugar na Biblioteca Novacaixagalicia en Santiago de Compostela, cada ano cunha temática diferente.