CRPIH

26/12/2016
Logo TERMIGAL

O Servizo de Terminoloxía Galega (TERMIGAL) encárgase principalmente da coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á lingua galega, da elaboración de recursos terminolóxicos sobre as distintas linguaxes de especialidade e da estandarización dos neoloxismos e o léxico científico-técnico en galego.

TERMIGAL foi creado en 1997 mediante un convenio asinado entre a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia e pon a disposición dos usuarios diversos servizos orientados á terminoloxía puntual e sistemática.

Dispón dun servizo de consultas para a resolución de dúbidas terminolóxicas, ao que calquera persoa física ou xurídica pode dirixir as súas preguntas. Ademais, elabora dicionarios e vocabularios terminolóxicos sobre diversas áreas de especialidade para dotar os profesionais das ferramentas necesarias para desenvolver a súa actividade en lingua galega, dispoñibles no catálogo de publicacións do Centro Ramón Piñeiro. TERMIGAL tamén conta cunha sección de documentación, onde poden consultarse as obras terminolóxicas existentes en lingua galega sobre cada área temática.

TERMIGAL contará en breve cunha páxina web propia desde a que se poderá acceder libremente aos recursos dispoñibles.

Dirección/Coordinación

Manuel González González

Persoal vinculado

Inés Veiga Mateos

Bolseiros

  • Tania de Dios Miguéns
  • Beatriz Fariñas Garrote

Contacto

  • Teléfono: 881996142
  • Correo electrónico: termigal@cirp.gal

Publicacións

CÉLESTIN, Tina; DARRAS, Xavier (coords.). Vocabulario panlatino da bicicleta. Quebec: Office québécois de la langue français, 2012. Accesible en: https://www.oqlf.gouv.qc.ca/ressources/bibliotheque/dictionnaires/panlatin_velo2012.pdf.

GONZÁLEZ GONZÁLEZ, Manuel (coord.). Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés. A Coruña: Xunta de Galicia / Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2012

DUYOS MÍGUEZ, M. et al. “Denominacións galegas para algunhas froitas”. En Cadernos de Lingua, nº 32, ano 2010, pp. 137-149.

GÓMEZ MÁRQUEZ, Jaime; VIÑAS DÍAZ, Ana Mª; GONZÁLEZ GONZÁLEZ, Manuel (coords.). Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés. A Coruña: Xunta de Galicia / Consellería de Educación e Ordenación Universitaria / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades / Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, 2010.

DANS ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR, Lucía; MANEIRO VÁZQUEZ, Yolanda; VEIGA MATEOS, Inés. Dicionario galego de recursos humanos. A Coruña: Xunta de Galicia / Consellería de Educación e Ordenación Universitaria / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades / Fundación Galicia Empresa, 2010.

GONZÁLEZ GONZÁLEZ, Manuel. “A terminoloxía dentro dos estudos de lexicografía galega”. En: SÁNCHEZ PALOMINO, M. D. et al. (ed.). Lexicografía galega e portuguesa. A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, 2010, pp. 9-32.

ALVARIÑO ALVARIÑO, María del Pilar; MARTÍNEZ CALVO, Liliana; SÁNCHEZ SAMPEDRO, Blanca. “Análise das características da linguaxe técnica en lingua galega nun corpus concreto”. En: SÁNCHEZ PALOMINO, M. D. et al. (ed.). Lexicografía galega e portuguesa. A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, 2010, pp. 67-86.

CASTAÑO TORRADO, Berta: “A terminoloxía téxtil e as denominacións prescritivas na actualización das linguas de especialidade do galego”. En: SÁNCHEZ PALOMINO, M. D. et al. (ed.). Lexicografía galega e portuguesa. A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, 2010, pp. 107-128.

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN GALICIA; ASOCIACIÓN DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN DE GALICIA. Dicionario galego das TIC (DIGATIC) [en liña]. Vigo: Xunta de Galicia / Consellería de Innovación e Industria / Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación / Real Academia Galega, 2010. Accesible en: http://www.digatic.org/.

VEIGA MATEOS, Inés; FRESCO BARBEITO, Víctor. “Transliteración e adaptación de niponismos”. En: Susana Cruces (ed.): Traducir na fronteira. Actas do IV Congreso da AIETI. Vigo: AIETI, 2009.

FRESCO BARBEITO, Víctor; VEIGA MATEOS, Inés. “Arabismos no galego”. En: Susana Cruces (ed.): Traducir na fronteira. Actas do IV Congreso da AIETI. Vigo: AIETI, 2009.

FRESCO BARBEITO, Víctor. “Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica”. En: Cadernos de lingua, 29, ano 2008, pp. 1-41.

ALTE. Glosario de termos para a avaliación de linguas. A Coruña: Xunta de Galicia / Secretaría Xeral de Política Lingüística / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2008. Accesible en: http://www.cirp.es/pub/docs/ava/GlosaTermAval.pdf

CASTAÑO TORRADO, Berta; VEIGA MATEOS, Inés. “El léxico patrimonial en la comunicación especializada”. En: Cabré, Mª T.; Rosa Estopà; Carles Tebé (eds.): La terminología en el siglo XXI: contribución a la cultura de la paz, la diversidad y la sostenibilidad. Actas del IX Simposio Iberoamericano de Terminología RITERM04. Barcelona: Institut Universitari de Lingüística Aplicada, 2006.

BERMEJO, M. R.; GONZÁLEZ-NOYA, A. M. González-Noya; VÁZQUEZ, M. O nome e o símbolo dos elementos químicos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Secretaría Xeral de Política Lingüística / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2006.

PAZÓ FERNÁNDEZ, Edith. Dicionario galego de televisión. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Consellería de Educación e Ordenación Universitaria / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades / Compañía de Radiotelevisión de Galicia, 2005.

ALVARIÑO ALVARIÑO, María del Pilar, MARTÍNEZ CALVO, María Liliana; SÁNCHEZ SAMPEDRO, Blanca: “El tratamiento de los préstamos en tres vocabularios terminológicos en gallego”. En: SANZ SAINZ, Inmaculada; FELICES LAGO, Ángel. Las nuevas tendencias de las lenguas de especialidad en un contexto internacional y multicultural. Granada: Universidad de Granada, 2004, pp. 253-262.

TERMCAT (coord.). Léxico do transporte turístico [en liña]. Barcelona: Unión Latina / TERMCAT, 2004. Accesible en: http://www.termcat.cat/ca/Diccionaris_En_Linia/36/Fitxes/gallec.

HUARD, Gabriel (resp.). Léxico panlatino do comercio electrónico [en liña]. Québec: REALITER / Bureau de la Traduction, 2003. Accesible en: http://publications.gc.ca/collections/collection_2007/pwgsc-tpsgc/S53-35-2004.pdf

PRADO, Daniel (dir.). Léxico do medio. Barcelona: Unión Latina / TERMCAT, 2002.

SOUTO GARCÍA, María Belén. Vocabulario das artes gráficas. Obradoiro de encadernación. Santiago de Compostela: Universidade de Vigo / Área de Normalización Lingüística, 2002. Accesible en: http://webs.uvigo.es/sli/obradoiro/.

LAHUERTA MOURIÑO, Fernando; VÁZQUEZ ÁLVAREZ, Francisco X.; RODRÍGUEZ VILLANUEVA, Xosé L.. Vocabulario multilingüe de acuicultura. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Consellería de Educación e Ordenación Universitaria / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2002.

CASTAÑO TORRADO, Berta; GONZÁLEZ GONZÁLEZ, Margarita: “Algúns procedementos para chegar a unha solución terminolóxica. Casos prácticos”. En: Verba, anexo 49, ano 2001, pp. 59-70.

ALVARIÑO ALVARIÑO, María del Pilar et al. “A normalización terminolóxica en galego: o servicio de consultas de Termigal”. En: BUGARÍN LÓPEZ, M. X. et al. (ed.). Actas da VIII Conferencia internacional de linguas minoritarias. Santiago de Compostela, 2002, pp. 345-352. Accesible en http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/ACTAS_PDF.pdf.

ALVARIÑO ALVARIÑO, María del Pilar; MOSQUERA CARREGAL, Xesús; SOUTO GARCÍA, María Belén: “A normalización terminolóxica do léxico do medio en galego. Tres casos prácticos: contaminación-polución; medio-medio ambiente; residuo-refugallo”. En: BUGARÍN LÓPEZ, M. X. et al. (ed.). Actas da VIII Conferencia internacional de linguas minoritarias. Santiago de Compostela, 2002, pp. 353-360. Accesible en http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/ACTAS_PDF.pdf.

ALVARIÑO ALVARIÑO, María del Pilar et al.. “Termigal: A terminoloxía científico-técnica en galego”. En: Revista Galega de Traducción Viceversa, nº 6, ano 2000, pp. 203-237. Accesible en: http://webs.uvigo.es/webatg/viceversa/files/6/termigal.pdf

LAHUERTA MOURIÑO, Fernando; VÁZQUEZ ÁLVAREZ, Francisco X. Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Consellería de Educación e Ordenación Universitaria / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000.

MONTEAGUDO ROMERO, Xoaquín. Regulamentos Municipais. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Consellería de Educación e Ordenación Universitaria / Dirección Xeral de Política Lingüística / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1998.

GUTIÉRREZ ALLER, Victorino. Formulario notarial. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Consellería de Educación e Ordenación Universitaria / Dirección Xeral de Política Lingüística / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1998.