CRPIH

 
Logo ATURUXO. Revista de Poesía e Crítica (Edición facsímile. Ferrol, 1952-1960)

ATURUXO. Revista de Poesía e Crítica (Edición facsímile. Ferrol, 1952-1960)

Luís Alonso Girgado (Director do proxecto); Xabier Castro Rodríguez, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Begoña Eguizábal Gándara, Manuel Quintáns Suárez e Amelia Rodrigues Esteves (Colaborador)

1994

84-453-1139-5

Prezo: 1900 pts.

Páxinas: 394

Formato: 19 x 26,5 cm.

Imprime: Plana Artes Gráficas S.L.

“Aturuxo” foi unha revista literaria, fundamentalmente poética -aínda que tamén deu cabida á crítica literaria-, que se publicou en Ferrol entre os anos 1952 e 1960. Foron os seus directores Miguel C. Vidal e Tomás Barros, homes que, xunto a Mario Couceiro, conseguiron levar a cabo esta difícil empresa literaria nun Ferrol que daquela presentaba unha moi escasa actividade cultural. No contexto das revistas poéticas publicadas en Galicia entre 1940 e 1960 ocupa un posto de relevo. Setenta e sete son os escritores que comparecen nestas páxinas. Pero sobre todo interesa a entidade dos seus colaboradores galegos e, moi particularmente, o mérito de se-la primeira en dedicar un número monográfico de homenaxe a Luís Pimentel. A presente edición facsímile da revista “Aturuxo” conta con tres textos de presentación que correron ó cargo de Luz Pozo Garza, Isaac Díaz Pardo, que tamén ilustrou as súas páxinas, e Mario Couceiro.