CRPIH

 
Logo A Filosofía Krausista en Galicia

A Filosofía Krausista en Galicia

Ramón López Vázquez

1994

84-453-1139-5

Prezo: 700 pts.

Páxinas: 161

Formato: 13'5 x 21 cm.

Imprime: Plana Artes Gráficas, S.L.

Juan Sieiro González, representante da continuidade da filosofía Krausista en Galicia, foi un pensador ourensán e persoeiro importante da vida cultural da cidade de Ourense no último tercio do século XIX, cando a filosofía saía das normas escolásticas impostas dende as bibliotecas conventuais. Viaxeiro, contactou coas ideas que imperaban alén das nosas fronteiras. Tentou demostra-la verdade social, cultural, política e económica das ideas nas que cría. Para el, a identidade esencial do ser humano é máis radical cá diversidade cultural, por iso, o principio da identidade e o da diversidade requiren ser limitados e concordados de acordo coa tese fundamental do autor: “a natureza identifícanos”. A súa verdade máis insistentemente proclamada concéntrase na concepción da filosofía como instrumento de rexeneración espiritual e moral, así coma requento dunha nova sociedade na cidade de Ourense.