CRPIH

 

Refraneiro galego da vaca

Pedro Benavente Jareño, Xesús Ferro Ruibal; Siro (Debuxos)

1995

84-453-1285-5

Prezo: 1.050 pts.

Páxinas: 191

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas Numen

Este “Refraneiro galego da vaca” ofrece a parte paremiolóxica da monografía etnolingüística que se está a realizar, sobre o campo semántico da vaca galega dende hai anos, por un veterinario, Pedro Benavente Jareño e un filólogo, Xesús Ferro Ruibal. Ambos recolleron e estudiaron, contando coas variantes dialectais, máis de dez mil palabras, máis de mil refráns, cantigas populares, adiviñas e mesmo os relatos galegos de tradición oral. En fin, o material recollido nas case oitocentas fontes manexadas mostra información de todo o territorio galego e nel, naturalmente, rexístrase todo canto os autores atoparon xa publicado verbo deste tema.