CRPIH

 
Logo Alba. Hojas de Poesía. Follas de Poesía. (Edición facsímile. A Coruña, 1948 - Vigo, 1956)

Alba. Hojas de Poesía. Follas de Poesía. (Edición facsímile. A Coruña, 1948 - Vigo, 1956)

Luis Alonso Girgado (Director do proxecto); Xabier Castro Rodríguez, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Begoña Eguizábal Gándara, Amelia Rodrigues Esteves (Colaborador)

1995

84-453-1300-2

Prezo: 6.500 pts.

Páxinas: 797

Formato: 19 x 25 cm.

Imprime: Difux, S.L.

Foi “Alba” unha revista fundamentalmente poética vinculada á cidade de Vigo, aínda que comenzara a súa publicación na Coruña. Ramón González Alegre foi o fundador, director, colaborador e animador desta publicación que se publicou entre os anos 1948-1956. Durante este período tirou dezaseis números e mantivo un bilingüismo galego-castelán moito máis equilibrado no verso ca na prosa. Conta a presente edición facsímile con tres textos de presentación que correron a cargo de Bernardino Graña, Manuel María e Xosé M.ª Álvarez Cáccamo e, así mesmo, merecen ser destacadas as colaboracións de Xosé Manuel Vélez e Francisco X. de la Colina. O presente volume acompáñase dun estudio introductorio no que se analizan a presencia de prosa e verso, a lingua predominante, a datación e cronoloxía, etc. Péchase o traballo co sumario da publicación e cuns interesantes índices de textos e colaboradores.