CRPIH

 
Logo Hamlet e a realidade cunqueirana

Hamlet e a realidade cunqueirana

Anxo González Fernández

1995

84-453-1467-X

Prezo: 2.400 pts.

Páxinas: 321

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gestión Gráfica Gallega

Estudio e indagación sobre o tema de Hamlet, que Álvaro Cunqueiro asume dende o tratamento shakesperiano. Anxo González destaca a especial cosmovisión cunqueiriana que se descobre trala súa literatura. Así -comenta o estudioso-, o escritor mindoniense desenvolve, dentro desta motivación, elementos que o dramaturgo inglés non abordara explicitamente, organizados arredor do problema edípico, aínda que xa estaban actantes e presentes nos personaxes da obra de Shakespeare. Os maiores anovamentos que Cunqueiro introduce, e que supoñen unha modificación con respecto a anteriores análises, son as derivadas da inclusión deste tema na realidade das coordenadas ónticas e axiolóxicas da obra do escritor mindoniense.