CRPIH

 
Logo Informe de Literatura 1995

Informe de Literatura 1995

Blanca-Ana Roig Rechou (Coordinador); M.ª Isabel Soto López (Axudante de coordinación)

1995

84-453-1706-7

Prezo: 2.785 pts.

Páxinas: 453

Formato: 21'5 x 27 cm.

Imprime: Aroprint, S.L.

“Informe de Literatura 1995” inscríbese na vocación que teñen o CILL Ramón Piñeiro de abri- las súas portas á comunidade investigadora internacional. Aínda que non constitúe un fin en si mesmo, pois está elaborado sobre un material aínda non analizado suficientemente, é xa un froito colateral dun esforzo de almacenamento e sistematización da información. Por iso, e porque se trata dun traballo pioneiro, con precedentes en Galicia tan só parciais, debe ter una lectura apropiada, como dun instrumento de primeiro nivel informativo, non coma un documento definitivo de complexas reflexións e análise, operacións que lle compete desenvolver a quen pretenda estudiar a fondo a literatura galega. Froito deste proxecto, e como se pode apreciar no sumario, este Informe quere dar noticia de todo aquilo que, atinguindo directa ou indirectamente ó ámbito da literatura galega, aparece impreso baixo a forma de monografías, libros colectivos, revistas, xornais, etc.