CRPIH

 
Logo Poética da Novela de Autoformación. O Bildungsroman galego no contexto narrativo hispánico

Poética da Novela de Autoformación. O Bildungsroman galego no contexto narrativo hispánico

M.ª de los Ángeles Rodríguez Fontela

1996

84-453-1812-2

Prezo: 2.200 pts.

Páxinas: 311

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Sis Tema, RFREtB, S.L.

Froito dunha revisión do texto orixinal da tese de doutoramento de M.ª de los Ángeles Rodríguez Fontela, este libro percorre a modalidade narrativa da autoformación, ou “Bildungsroman”, termo alemán usado para defini-lo tipo de narración que amosa a busca da identidade por parte dun personaxe, a través da formación intelectual, moral, e sentimental dende a mocidade ata a madurez. Na introducción, faise unha análise das bases antropolóxico-míticas do “Bildungsroman” e analízanse as distintas configuracións históricas deste xénero. A seguir, elabórase a fundamentación teórica da poética da novela de autoformación dende catro perspectivas: a modalización, a temporalización, a espacialización e a semántica. Así mesmo, estúdianse criticamente catro novelas hispánicas do século XX que manifestan diversas tendencias da autoformación do protagonista, entre elas figura “Arredor de sí” de Ramón Otero Pedrayo.