CRPIH

 
Logo Resol (Edición facsímile, Galicia 1932-1936), Bos Aires (1937-1938), Galicia (1990)

Resol (Edición facsímile, Galicia 1932-1936), Bos Aires (1937-1938), Galicia (1990)

Luis Alonso Girgado (Director do proxecto); Xoán Carlos Domínguez Alberte, Begoña Eguizábal Gándara, Amelia Rodrigues Esteves (Colaborador)

1997

84-453-1984-1

Prezo: 4.440 pts.

Páxinas: 364

Formato: 22'5 x 32'5 cm.

Imprime: Difux, S.L.

Na panorámica das revistas literarias galegas dos anos da II República aparece, en 1932, unha nova publicación, Resol, que se define sinxelamente como “Hojilla volandera del pueblo”. O seu primeiro número está datado no mes de maio de 1932 e non é outra cousa que un prego solto de catro páxinas e dun formato tipo folio de 32 x 22 cm. O formato mantívose sen variación ó longo dos dez números que constituíron a xeira galega daquela “Folla voandeira do pobo” (co subtítulo en galego unicamente no seu n.º 10, 1936), de vocación sinaladamente popular. Cada entrega leva data e número. Carece, pola contra, de sumario e non rexistra o nome do director ou responsable da publicación, que xurdiu en Santiago de Compostela, tirada do prelo da Tipografía Paredes, aínda que con posterioridade habería de experimentar neste sentido máis dunha modificación. Resol non deu entrada á publicidade e os seus pregos eran de diferentes cores.