CRPIH

 
Logo Cristal (Edición facsímile, Pontevedra 1932-1933)

Cristal (Edición facsímile, Pontevedra 1932-1933)

Luis Alonso Girgado (Director do proxecto); Xoán Carlos Domínguez Alberte, Begoña Eguizábal Gándara, Amelia Rodrigues Esteves (Colaborador)

1998

84-453-2129-3

Prezo: 4.350 pts.

Páxinas: 405

Formato: 21'5 x 29 cm.

Imprime: Difux, S.L.

“Cristal”, que apareceu en Pontevedra o 25 de xullo de 1932, chegou a publicar un total de dez números. A súa periodicidade foi mensual durante os oito primeiros, para se converter en bimensual nas dúas derradeiras entregas. Trátase dunha publicación bilingüe -con predominio do castelán- que contou cunha importante presencia de escritores non galegos. Suman 55 os autores que integran a nómina de colaboradores representados en Cristal. Do total, os galegos son 34 e entre eles destacan os nomes de Xerardo Álvarez Limeses, Afonso R. Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Fermín Bouza Brey, Álvaro de las Casas, Aquilino Iglesia Alvariño ou os xa daquela falecidos Luís Amado Carballo e Manuel Antonio.