CRPIH

 
Logo Doutrina e ritual da moi nobre orde galega do Sancto Graal

Doutrina e ritual da moi nobre orde galega do Sancto Graal

Constantino García (Coordinador científico); Afonso Vázquez-Monxardín Fernández (Coordinador da edición)

1998

84-453-2174-9

Prezo: 2.550 pts.

Páxinas: 112

Formato: 25 x 25 cm.

Imprime: Grupo Sanmartín

“Doutrina e ritual da moi nobre orde galega do Sancto Graal” é un curioso e breve escrito (vinte páxinas manuscritas) que o seu autor, Vicente Risco, deu en man a Alfonso Vázquez Monxardín nos anos vinte. Aínda que este raro texto foi editado nalgunha ocasión, certamente con pouco rigor, a presente edición facsímile constitúe a primeira edición crítica que se fai. Leva unha puntual nota de presentación de Alfonso Vázquez Monxardín Fernández e un amplo estudio prologal de Joaquim Ventura. Ademais da coidada reproducción facsimilar do manuscrito de Risco, inclúe a lenda medieval (do mesmo autor) titulada A Estrela do Apóstolo, publicada nas páxinas de “Nós” pero que seguramente pertence á Doutrina. Este escrito, incorporado como anexo, conta ademais coas fermosas ilustracións -gravados en buxo- de Castelao. Estamos ante a recuperación e presentación axeitada dun fermoso e singular texto de Vicente Risco que representa unha curiosa contribución á simboloxía galega, ante unha suxestiva manifestación da cosmovisión do escritor e unha evocación da época artúrica.