CRPIH

 
Logo Filmografía Galega (longametraxes de ficción)

Filmografía Galega (longametraxes de ficción)

Ángel Luis Hueso Montón, José M.ª Folgar de la Calle (Director do proxecto); Xosé Nogueira Otero, Rubén Rivas Vidal (Colaborador); Rita Martín Sánchez (Responsable)

1998

84-453-2214-1

Prezo: 2.375 pts.

Páxinas: 582

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Litonor

“Filmografía Galega (Longametraxes de ficción)” constitúe unha das diversas líñas de traballo nas que se desenvolve o proxecto “Base de datos cinematográfica-audiovisual de Galicia”. Trátase, neste caso, dunha rigorosa catalogación daquelas películas rodadas en Galicia total ou parcialmente ou que foron producidas con capital galego. De cada película fíxose unha ficha técnica con diversos campos de información (realización, producción, son, interpretación, lugares de rodaxe, distribución, metraxe, etc.), sen que falten as correspondentes referencias bibliográficas e hemerográficas. Este repertorio filmográfico abrangue unha moi ampla cronoloxía. No apéndice da obra temos unha escolma de textos que, pola rareza dos seus datos, representa un valioso complemento para coñecer aspectos de interese das películas. Os índices facilitan a consulta das distintas claves de información filmográfica de cada obra. Este traballo de investigación está na liña historiográfica vixente na investigación filmográfica española e representa unha novidade no ámbito galego.