CRPIH

 
Logo Cantigas do Mar de Vigo

Cantigas do Mar de Vigo

Antonio Fernández Guiadanes, Fernando Magán Abelleira, Ignacio Rodiño Caramés, María Rodríguez Castaño, Xosé Xabier Ron Fernández, María del Carmen Vázquez Pacho

1998

84-453-2237-0

Prezo: 3.395 pts.

Páxinas: 380

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Eurográficas, S.L.

O día das Letras Galegas de 1998 estivo dedicado a tres xograres da ría de Vigo: Meendinho, Johan de Cangas e Martin Codax. Con motivo desta celebración o equipo de investigadores de Lírica Profana Galego- Portuguesa do Centro Ramón Piñeiro decidiu facer unha edición crítica dos tres homenaxeados. O libro ofrece unha introducción xeral, así coma un achegamento ós tres autores e á tradición manuscrita. A continuación preséntase a edición crítica dos textos e o comentario de cada unha das cantigas, propoñendo unha lectura das mesmas que mellorase as xa difundidas a través dos estudios precedentes. Complétase o libro cun rimario e un glosario selectivo dos termos máis significativos.