CRPIH

 
Logo Diccionario de termos literarios a-d

Diccionario de termos literarios a-d

Anxo Tarrío Varela, Fernando Cabo Aseguinolaza, Blanca-Ana Roig Rechou, Arturo Casas, Anxo Abuín González, Darío Villanueva (Equipo glifo); Jesús-Antonio Rodríguez Blanco, Mª Isabel Soto López (Bolseiro)

1998

84-453-2213-3

Prezo: 4.850 pts.

Páxinas: 584

Formato: 17 x 23 cm.

Imprime: Cograf

Primeiro volume do “Diccionario de termos literarios”, elaborado polo equipo de investigadores que forman parte do proxecto “Diccionarios de Literatura”, dirixido por Anxo Tarrío Varela. Ábrese cunha “Introducción”, asinada polo equipo responsable da publicación, que principia por manifesta-lo seu interese en facilitar un instrumento de reflexión e análise do sistema literario xeral e do galego en particular. A seguir recóllese a definición de termos do ámbito da retórica, da historia, da crítica, da narratoloxía, da semiótica, da hermenéutica, etc., acompañada de exemplos pertencentes ó corpus literario galego dende a Idade Media ata a actualidade. Cada unha das voces inclúe, cando é pertinente, voces relacionadas, co obxectivo de guia-lo lector por redes terminolóxicas coherentes que faciliten tanto a aclaración puntual sobre un termo coma a información sobre vocábulos relacionados.