CRPIH

 
Logo Formulario Notarial

Formulario Notarial

Victorino Gutiérrez Aller; Manuel González González (Director do proxecto); Carlos Búa Carballo, Valentina Formoso Gosende, Margarita González González, Xosé Antonio Pena Romay, Rut Vázquez González (Investigador)

1998

84-453-2282-6

Prezo: 2.775 pts.

Páxinas: 280

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Difux, S.L.

De acordo coa necesidade de incorpora-lo galego a novos sectores da vida social, entre eles o mundo notarial, e ofrecer instrumentos auxiliares que posibiliten o seu uso e faciliten a solución dos problemas que poidan aparecer na súa realidade cotiá, nace este conxunto de formularios feitos por Victorino Gutiérrez, sendo a primeira vez que se publica un formulario desta natureza en galego. Trátase dun conxunto de textos xurídicos co máximo rigor técnico, de fácil comprensión, que lles facilita ós notarios que redacten en galego as palabras técnicas que expresan as ideas de forma clara e precisa, sen altera-las verdades cos conceptos, todo isto gracias ó exercicio da función notarial e á condición de especialista no Dereito Civil de Galicia do autor e ó asesoramento lingüístico do Servicio de Terminoloxía Galega (Termigal).