CRPIH

 
Logo Regulamentos Municipais

Regulamentos Municipais

Xoaquín Monteagudo Romero; Manuel González González (Director do proxecto); Carlos Búa Carballo, Valentina Formoso Gosende, Margarita González González, Xosé Antonio Pena Romay, Rut Vázquez González (Investigador)

1998

84-453-2378-4

Prezo: 2.775 pts.

Páxinas: 212

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Eurográficas, S.L.

Estes Regulamentos municipais foron concebidos para facilita-lo cumprimento do obxectivo da Lei de normalización lingüística que insta ós poderes públicos a poñe-los medios para lograr unha progresiva normalización da lingua galega no ámbito da administración, facilitando así, ó mesmo tempo, a normalización do noso idioma no seo da sociedade. O seu obxectivo é promove-la utilización do galego nas relacións dos concellos cos administrados. Son unha colección de documentos municipais elaborados por Xoaquín Monteagudo cunha técnica lexislativa moderna, cunha lingua de calidade, pero ó mesmo tempo clara e libre dos formulismos que tan a miúdo caracterizan a linguaxe xurídica e normativa. A todo isto tamén contribuiu o traballo do equipo de Termigal (Servicio de Terminoloxía Galega), que revisou a lingua e vocabulario terminolóxico desta obra.