CRPIH

 
Logo La Tierra Gallega. La Alborada

La Tierra Gallega. La Alborada

Luis Alonso Girgado (Introdución); Amelia Rodrigues Esteves, Teresa Monteagudo Cabaleiro, Xoán Carlos Rodríguez Pérez (Índices); Amelia Rodrigues Esteves, Teresa Monteagudo Cabaleiro, Xoán Carlos Rodríguez Pérez (Revisión)

1999

84-453-2404-7

Prezo: 3.200 pts.

Páxinas: 224

Formato: 26'5 x 35 cm.

Imprime: Difux, S.L.

“La Tierra Gallega (1915)” e “La Alborada (1912)” son dúas representativas mostras da prensa galega da emigración en Cuba. Nas dúas temos puntual información da problemática interna do importante e poderoso Centro Galego da Habana. Roberto Blanco Torres, inspirador e director destas publicacións, era daquela un mozo que comezaba a escribir (en prosa e verso, en galego e castelán) e amosaba xa un espírito crítico e unha actitude de inconformismo. Estamos ante unhas páxinas que tiveron existencia ben efémera, reveladoras de non poucos enfrontamentos internos da comunidade galega na illa de Cuba. Esta condición de documento e testemuño é certamente fundamental e xustifica a súa recuperación na presente edición facsimilar. De xeito complementario, temos achegas da autoría de: Blanco Torres, Curros Enríquez, Abdón R. Santos, Basilio Álvarez, Eugenio Mañach, Rosalía Lamas Carvajal, Lesta Meis ou Rey Souto, entre outros. Xosé Neira Vilas presenta este volume.