CRPIH

 
Logo Historia do Pensamento Antropolóxico en Galicia

Historia do Pensamento Antropolóxico en Galicia

Alfredo Iglesias Diéguez

1999

84-453-2609-0

Prezo: 2.500 pts.

Páxinas: 436

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas Mera

O obxecto desta obra é estudia-la historia do discurso científico, filosófico e teolóxico elaborado en Galicia para explica-la evolución humana entre o ano 1859 e 1976, ainda que para realizar esta tarefa non se pode perder de vista a historia española e o seu contexto europeo e occidental. Comeza a súa análise referíndose ás primeiras polémicas que suscitou a introducción do darwinismo en Galicia e remata cando a ciencia galega se homologaba coa europea en 1976. Son anos, así mesmo, de transformación profunda da sociedade galega, polo que o autor aproveita para realizar un estudio sociolóxico da ciencia. As principais conclusións poden resumirse en dúas: a estreita dependencia do discurso do científico do pensamento filosófico e a profunda relación entre a ciencia e a sociedade onde se desenvolve.