CRPIH

 

Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (Cadernos de Fraseoloxía Galega 1)

Paco Rivas; Maite Veiga Díaz (Ordenación temática); Xesús Ferro Ruibal (Director)

2000

84-453-2770-4

Prezo: 700 pts.

Páxinas: 90

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas Numen (Vigo)

Monográfico. Primeiro número da colección “Cadernos de Fraseoloxía Galega” aberta para a exhumación de coleccións fraseolóxicas inéditas. É xa unha vella queixa que, tendo Galicia 1.195 quilómetros de costa e tendo levado a cabo no mar os galegos dende sempre tanta actividade, exista tanta desproporción entre o que sabemos das cousas de terra adentro e das cousas do mar. Quéixanse deste baleiro os literatos, antropólogos, historiadores e mailos biólogos. Tamén na fraseoloxía había esta desproporción. Este libro contén unha boa presa rescatada nos concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, que, en moitos casos, só foi posible porque o lingüista se embarcou cos mariñeiros. Tras un prólogo no que se definen os trazos dialectais da Mariña luguesa, ordénanse tematicamente colocacións (coma “Arrea-la mesana” retirar unha vela que vai situada na popa), locucións (“A mares” en moita cantidade), fórmulas (“¡Ollo á boia!” ¡coidado!) e refráns (“Alba alta, vela baixa” porque se agardan ventos) nos que o mundo mariñeiro aporta o léxico e as metáforas. Todos levan definición e contexto. Segue un apartado no que se define todo o léxico contido nesta escolma fraseolóxica. Nota importante: o autor publicou posteriormente unha nova edición aumentada e reordenada deste número 1 de “Cadernos de Fraseoloxía Galega” co título de “Fraseoloxía da Mariña”, con prólogo de Francisco Fernández Rei, n’A Nosa Terra, Vigo 2002.