CRPIH

 

As imaxes da lingua rusa

Valerii Mokienko; Ekaterina Lossik (versión galega) (Tradutor); Mª Clara Viqueira Liñares (versión galega) (Revisión); Maite Veiga Díaz (versión galega) (Índices); Xesús Ferro Ruibal (versión galega) (Coordinador)

2000

84-453-2738-0

Prezo: 2.964 pts.

Páxinas: 380

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: euroGráficas pichel, s.l.

Neste longo ensaio Valerii Mokienko aplica o método da modelación semántico estructural (que formula en “Fraseoloxía eslava”, publicado nesta mesma colección) a algúns fragmentos da representación lingüística rusa do mundo, comparándoa coas representacións doutros pobos eslavos, románicos e xermánicos e facendo especial fincapé na reconstrucción da vida espiritual dos eslavos. De aí parten digresións sobre a mitoloxía pagá e cristiá, decodificando connotacións rituais de ideas antiquísimas como tempo, espacio e acción. Para Mokienko a lingua non só é un espello da cultura tradicional, senón tamén un cristal de aumento que permite examinar escrupulosamente os seus detalles máis miúdos. Na aplicación deste método descobre que certas expresións, que a primeira vista parecen rusas de pura cepa, son calcos ou préstamos de linguas veciñas, ou que, a pesar da distancia entre o mundo eslavo e o mundo ibérico, hai mecanismos fraseolóxicos que están vivos alí e aquí sen que historicamente documentemos suficientes contactos. Esta traducción, que contrasta continuamente a fraseoloxía eslava coas equivalencias fraseolóxicas galegas, contén índices moi completos e é a primeira que se fai a unha lingua occidental, formando así parte do proxecto de “Traducción de obras de fraseoloxía rusa” que dirixe Xesús Ferro Ruibal.