CRPIH

 
Logo Obra narrativa en galego de Aurelio Ribalta y Copete

Obra narrativa en galego de Aurelio Ribalta y Copete

Aurelio Ribalta y Copete; Modesto Hermida García (Director do proxecto); Mª Eulalia Agrelo Costas (Introdución); Mª Eulalia Agrelo Costas (Notas)

2000

84-453-2936-7

Prezo: 1.000 pts.

Páxinas: 187

Formato: 15 x 21'5 cm.

Imprime: Grafinova, s.a.

Continuando coa actividade de recuperación e edición de obras narrativas en galego de finais do século XIX e principios do XX, que se está levando a cabo no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, baixo a dirección do profesor Modesto Hermida García, vén de desprenderse máis luz con esta edición sobre unha das figuras máis relevantes do período do rexurdir literario galego, Aurelio Ribalta y Copete (Ferrol, 1864 -Soto del Real- Madrid, 1940). Ábrese a edición cun esbozo biobibliográfico, no que se ofrecen novos e interesantes datos sobre o seu periplo vital e a súa producción literaria e xornalística, tanto en galego coma en castelán. A seguir, analízase a súa obra narrativa en galego, que está composta polas novelas Ferruxe (1894), O Pastor de Doña Silvia (1925) e O derradeiro amore (1931), atendendo ó seu deseño editorial, modalización narrativa, espacio, tempo, personaxes, asunto, estilo e lingua. Finalmente, antes da reproducción anotada dos textos citados, achéganse os criterios seguidos para a súa edición.