CRPIH

 
Logo Obra galega

Obra galega

Xulio Sigüenza; Luis Alonso Girgado (Director do proxecto); Josefa Beloso Gómez (Edición)

2000

84-453-2746-1

Prezo: 1.800 pts.

Páxinas: 200

Formato: 14'5 x 21 cm.

Imprime: Estudio Gráfico LuzAzuL

Con esta publicación preténdese recuperar a obra en galego do escritor e xornalista Xulio Sigüenza (1898-1965), que pertenceu á chamada “Xeración das Vangardas” e ocupou nela un posto de certo relevo. O libro en cuestión comprende unha coidada introducción, que inclúe un percorrido pola bio-bibliografía do autor e un estudio de “Cantigas e verbas ao ar” (1928), único libro que Sigüenza publicou en galego, pero que tivo unha segunda edición titulada “Verbas ao ar” (1957). Despois da introducción, reprodúcese “Cantigas”, ademais doutros poemas galegos, así como unha serie de relatos breves na mesma lingua. Todo isto atende, fundamentalmente, ó interese de amosar, do xeito máis completo posible, a obra galega deste escritor e con iso axudar a completar o seu legado literario na nosa lingua.