CRPIH

 
Logo Escolma

Escolma

Manuel Martínez Murguía; Luís Alonso Girgado, Teresa Monteagudo (Introdución); Luís Alonso Girgado, Teresa Monteagudo (Notas)

2000

84-453-2776-3

Prezo: 1.300 pts.

Páxinas: 151

Formato: 13'5 x 21'5 cm.

Imprime: Gráficas ATV

A homenaxe da que foi obxecto don Manuel Murguía no ano 2000, no que o Día das Letras está dedicado a evocar a súa figura, motiva esta “Escolma” que ten como peculiaridade o feito de destacar a relación do polígrafo coruñés con Cuba, concretamente co Centro Galego, a Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega e o mundo da nosa comunidade emigrada á illa. Consta o libro dunha puntual cronobiografía e un seguimento da axuda prestada polos galegos de Cuba a varias publicacións de Murguía, moi especialmente á “Historia de Galicia”. Hai tamén unha selección de vinteún textos -prosa e verso- do escritor e unha recompilación das súas colaboracións na prensa galega de Cuba.