CRPIH

 
Logo Epistolario galego de Miguel de Unamuno

Epistolario galego de Miguel de Unamuno

Alexandre Rodríguez Guerra

2000

84-453-2934-0

Prezo: 3.640 pts.

Páxinas: 596

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Galigraf Galicia

A correspondencia epistolar de Miguel de Unamuno, sobranceira figura da Xeración do 98, constitúe un material textual de extraordinaria magnitude. Este volume, “Epistolario galego de Miguel de Unamuno”, investiga nese material e reco-lle unha parte moi concreta: a perten-cente ás case setecentas cartas que ó rec-tor da Universidade de Salamanca dirixiron máis de douscentos galegos. Pero ademais, o responsable desta publicación, que xermolou no Lectorado de Galego da Universidade de Salamanca, estudia con detemento crítico este amplo corpus epistolar de variada temática que sen embargo ten como eixos ó propio Unamuno e tamén a Galicia. As seiscentas páxinas deste volume representan, pois, unha recuperación dun patrimonio literario cultural interesante de seu e de singular entidade na vida cultural de Galicia. O xénero epistolar, hoxe en franca decadencia, adquire aquí rango estético e densidade intelectual.