CRPIH

 
Logo Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos

Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos

Fernando Lahuerta Mouriño, Francisco X. Vázquez Álvarez; Manuel González González (Tratamento lingüístico e terminolóxico TERMIGAL)

2000

84-453-2913-8

Prezo: 3.827 pts.

Páxinas: 621

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Aroprint, S.L.

O Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos xorde ante a necesidade de enche-lo baleiro terminolóxico existente no eido das ciencias do mar. Construído cun propósito normalizador, consta dun total de 2.131 nomes de especies mariñas, seleccionadas seguindo criterios económicos e xeográficos a partir das máis de 8.000 posibilidades reais. O seu obxectivo é facilita-la comunicación dos profesionais do sector nos intercambios comerciais de carácter internacional. Con este fin, inclúense as denominacións en galego cos seus equivalentes en diferentes idiomas. O ordenamento das distintas especies faise mediante criterios sistemáticos, indicándose en cada caso o nivel taxonómico empregado partindo da “Clasificación estatística internacional uniforme dos animais e plantas acuáticas” (CEIUAPA). Esta información, de carácter lingüístico e taxonómico, complétase con datos sobre as áreas xeográficas que constitúen o hábitat natural de cada organismo. O volume finaliza con índices alfabéticos de tódolos organismos agrupados polo seu nome científico e pola súa denominación en galego, español, francés, inglés e portugués.