CRPIH

 

Diccionario Italiano-Galego

Isabel González (Director do proxecto); Carmen F. Blanco Valdés, Benedict Buono, Ana Mª Domínguez Ferro, Isabel González, Javier Gutiérrez Carou, Cristina Marchisio, María Montes López, Alessandra Pavanello, Mª Teresa Sanmarco Bande (Redactor)

2000

84-453-2937-5

Prezo: 4.600 pts.

Páxinas: 698

Formato: 17'5 x 25 cm.

Imprime: Grafinova, S.A.

Esta obra ten como mérito singular o feito de se-lo primeiro e, polo de agora, único diccionario bilingüe que confronta o galego con outra lingua viva. Con este proxecto impúlsase a difusión do galego máis aló das súas fronteiras, como canle divulgadora da nosa cultura e da nosa fala. A macroestructura deste diccionario está formada por unha introducción coa guía de uso, unha lista de paremias e locucións, antropónimos e topónimos, un compendio de gramática italiana, táboas de verbos e, naturalmente, o corpus do diccionario, que conta con máis de 10.000 voces, o léxico de uso básico do italiano contemporáneo, seleccionado segundo un perfil didáctico. A obra está orientada ós estudiantes galegos de filoloxía italiana, ós estudiosos das filoloxías románica e galega e, en xeral, ó público galego que desexe aproximarse á lingua de Dante. A súa finalidade é a traducción de textos italianos contemporáneos, facilitando ademais a asimilación da lingua. Este primeiro tomo terá unha continuidade no Diccionario galego-italiano e no correspondente CD-ROM, que recollerá os dous volumes.