CRPIH

 
Logo Nós. Páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste (Edición facsimilar)

Nós. Páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste (Edición facsimilar)

Luis Alonso Girgado, Teresa Monteagudo Cabaleiro (Edición)

2001

84-453-3048-9

Prezo: 1.617 pts.

Páxinas: 224

Formato: 31 x 20 cm.

Imprime: Gráficas ATV

A ampla tarefa hemerográfica de Eladio Rodríguez González deu abondosos froitos, pero un deles foi singular: a escolma de literatura galega -verso e prosa narrativa- que foi ofrecendo no xornal coruñés “El Noroeste”, no bienio 1918-1919, nun suplemento semanal de sinxelas páxinas galegas. O panorama hemerográfico da época, a análise da xeira de “El Noroeste” e o detido estudio do suplementos “Nós” (temas, xéneros, autores representados, seccións e diferentes trazos externos da publicación) enriquecen a reproducción facsimilar dende distintos enfoques e contextos. Engádense finalmente os índices cronolóxico e dos colaboradores para, deste xeito, facilitar a consulta das súas páxinas.