CRPIH

 
Logo Livro de Tristan e Livro de Merlin. Estudio, edición, notas e glosario.

Livro de Tristan e Livro de Merlin. Estudio, edición, notas e glosario.

Pilar Lorenzo Gradín, José António Souto Cabo (Coordinador); Mariña Arbor Aldea, Santiago Gutiérrez García, Santiago López Martínez-Morás, Gerardo Pérez Barcala. (Equipo de investigación); Eva María Díaz Martínez, Leonardo Poncia (Equipo de apoio)

2001

84-453-3047-0

Prezo: 900 pts.

Páxinas: 287

Formato: 16 x 23'5 cm.

Imprime: Gráficas Sanpar, S.L.

Recolle este volume a edición, paleográfica e crítica, dos fragmentos do “Livro de Tristan” galego e do “Livro de Merlin” portugués, ambos datados no século XIV. Consta dun “Estudio Introductorio” que dá conta do cultivo e difusión da “materia bretona” no occidente peninsular, e dunha análise literaria na que, partindo das fontes francesas, se tenta establece-la canle de transmisión dos “romans de oïl” polo noroeste ibérico. O estudio dos textos complétase cun elenco de personaxes e lugares mencionados nas narracións tristaniana e merlinesca, cunha nota lingüística e cun glosario de voces (aspectos, estes últimos, que axudan a situar xeográfica e cronoloxicamente as versións do “Tristan” e do “Merlin”).