CRPIH

 
Logo Informes de literatura 1995-2000

Informes de literatura 1995-2000

Blanca-Ana Roig Rechou (Director do proxecto); Blanca-Ana Roig Rechou (Coordinador); Mª Eulalia Agrelo Costas, Isabel Soto López (Axudante de coordinación); Alexandra Cabaleiro, Mario Romero Triñanes (Bolseiro)

2001

84-453-3136-1

Prezo: 1.700 pts.

Páxinas:

Formato:

Imprime:

Continuando coa liña das anteriores entregas, agora só en CD-ROM, no “Informe de Literatura, 2000”, que se engade ao CD-ROM que xa contiña os “Informes” do período 1995-1999, dáse noticia de todo aquilo que, atinxindo directa ou indirectamente ao ámbito da literatura galega, incluídos o teatro, a literatura medieval, a literatura de transmisión oral e a literatura infantil e xuvenil apareceu impreso durante o ano 2000 e, dentro deste tipo de soporte, nas súas máis variadas manifestacións: monografías, libros colectivos, revistas, xornais, folletos… Tamén nas súas páxinas se achega información relativa aos diversos premios vinculados á literatura galega, ás representacións teatrais que se escenifican en lingua galega, así como a aquelas páxinas web que tratan, tanto dende o punto de vista da creación coma do da crítica, a literatura galega. Acompáñase o texto con estatísticas nas que se reflicte a producción dos diferentes apartados nos que se estructura cada “Informe”. Desenvolve Imaxin.