CRPIH

 
Logo Aturuxos

Aturuxos

Ramón Armada Teixeiro; Luís Alonso Girgado (Edición); Luís Alonso Girgado (Prólogo)

2002

Prezo: Edición non venal

Páxinas: 116

Formato: 10,5 x 16 cm.

Imprime: Galigraf Galicia

Aturuxos é o primeiro libro poético do ortigueirés Ramón Armada Teixeiro (1868-1920), que viviu como emigrante en Cuba durante moitos anos. Xornalista, dramaturgo, autor de numerosos traballos de carácter social e educativo, Armada Teixeiro ocupou na Habana (e particularmente no Centro Galego) moitos e moi importantes cargos. Aturuxos publicouse no conflictivo ano 1898, o ano da perda de Cuba. Leva un interesante prólogo de Curros Enríquez e os seus versos falan de moitas saudades, de amores e desenganos, de soños e esperanzas. Pero sobre todo, constitúe un canto a Galicia, ausente e distante, no permanente desexo de volver á terra amada, e tamén unha crítica ó drama da emigración. Fermosos versos galegos escritos en terras cubanas.