CRPIH

 
Logo O vento segrel

O vento segrel

Augusto Mª Casas; Luís Alonso Girgado. Carmen Fariña Miranda (Edición)

2003

84-453-3

Prezo: 19 €.

Páxinas: 234

Formato: 14,3 x 21 cm.

Imprime: Difux, S.L.

O vento segrel foi o primeiro poemario galego do poeta ourensán Augusto Mª Casas (1906-1973), que o publicou en 1932 no prelo de Nós. Saudado con entusiasmo por Otero Pedrayo, trátase dun libro instalado na temática da saudade e inscrito na liña de imaxinismo ou hilozoísmo. A segunda edición, que agora presentamos, recupera un título representativo do lirismo da vangarda galega. O perfil biográfico do autor, a súa bibliografía e hemerografía en galego e castelán, as tendencias da vangarda galega e unha análise da obra (nos terreos temático, métrico, retórico e lingüístico), xunto coa recompilación dos poemas soltos do escritor, fundamentan a presente edición deste fermoso poemario.