CRPIH

 

Cadernos Ramón Piñeiro (I)

Anxo González Fernández, Ramón López Vázquez

2003

84-453-3678-9

Prezo: 4 €

Páxinas: 72

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas ATV

Recolle este nº 1 dos Cadernos Ramón Piñeiro –”Cadernos Galegos de pensamento e cultura”– dous ensaios breves sobre a obra de Ramón Piñeiro: “Lírica e metafísica no proxecto filosófico de Ramón Piñeiro”, de Anxo González Fernández, e “Para unha sistemática de Ramón Piñeiro”, de Ramón López Vázquez. O primeiro parte da preocupación do autor de Filosofía da saudade por abrir unha canle pola que Galicia puidese facer unha contribución de relevo á cultura universal para estudiar os elementos clave desa contribución. O segundo explora diversos aspectos –a liberdade, o tempo, a literatura, a antropoloxía– que integran o pensamento piñeirano, sempre con Galicia como eixo.