CRPIH

 
Logo La Tierra Gallega

La Tierra Gallega

Luís Alonso Girgado , Teresa Monteagudo Cabaleiro (Edición)

2003

84-453-3299-6

Prezo: 101 €

Páxinas: 1271

Formato: 29,7 x 42 cm.

Imprime: Junor, S.L.

La Tierra Gallega (A Habana, 1894- 1896) foi un semanario de tendencia rexionalista, fundado e dirixido na Habana por Manuel Curros Enríquez. Tirou un total de 146 números. Nas súas páxinas, de gran formato, temos moitas e moi importancias achegas de Curros Enríquez e unha interesante e moi extensa información da vida galega en Cuba e, así mesmo, da Galicia peninsular. O amplo espacio que ocupan as colaboracións literarias e outras de carácter cultural, xunto co elevado número de colaboradores de prestixio confiren relevo indiscutible a La Tierra Gallega. Esta edición facsimilar, que recupera un valioso testemuño da nosa prensa na emigración, leva amplo estudio introductorio e remata nos índices de colaboradores e colaboracións.