CRPIH

 
Logo Conversa con Ramón Piñeiro

Conversa con Ramón Piñeiro

Manuel Rico Verea

2003

84-453-3683-5

Prezo: 5,5 €

Páxinas:

Formato:

Imprime: Difux, S.L.

A finais do ano 1988, no programa “Terra e xente” de Radio Nacional de España na Coruña, sostivo Manuel Rico Verea unha moi longa conversa con Ramón Piñeiro. As palabras do autor de Olladas no futuro naquela entrevista recupéranse agora –en formato CD– nesta edición que recolle o singular e significativo testemuño de Ramón Piñeiro, a súa palabra viva. Son moitas as lembranzas que revive aquí Ramón Piñeiro ó facer un percorrido pola súa vida, pola Galicia que viviu, polos feitos que protagonizou, polos seus soños e esperanzas dunha Galicia mellor, máis culta e máis moderna. De todo iso temos agora este valioso documento onde se reflicte a personalidade de Ramón Piñeiro e a súa faceta de excelente conversador.