CRPIH

 

Aires d’a miña terra (Bos Aires, 1908-1909)

Luís Alonso Girgado (Director do proxecto); Carmen Fariña Miranda (Edición)

2004

84-453-3879-X

Prezo: 11 €

Páxinas: 166

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas Garabal, S.L.

En homenaxe a Curros Enríquez e o mesmo ano da súa morte en terras de Cuba, aparecía, en Bos Aires, Aires d’a miña terra (1908-1909), fundada e dirixida por Manuel Novoa Costoya. Publicou un total de 63 números e contou con máis dun cento de colaboradores (Basilio Álvarez, J. Barcia Caballero, Benito Vicetto, L. Rodríguez Barreiro, A. Neira de Mosquera, Lamas Carvajal, Saralegui y Medina, Salvador Cabeza de León, P. Canitrot, Alberto Camino, E. Labarta Pose, etc.). Recuperamos nesta edición, en libro CD-ROM, a totalidade desta revista. Ademais dos seus índices completos (sumarios e colaboradores) figura un estudo introdutorio que ofrece a ficha técnica da revista, os seus contidos informativos e culturais, os seus colaboradores, a lingua, as seccións e outras claves caracterizadoras destas páxinas a un tempo galegas e arxentinas.