CRPIH

 
Logo Tratado de Albeitaria

Tratado de Albeitaria

José Luis Pensado Tomé (Responsable); Gerardo Pérez Barcala (Revisión)

2004

84-453-3859-5

Prezo: 9 €

Páxinas: 415

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Cograf

O libro publicado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades baixo o título de Tratado de Albeitaria é unha edición dun texto galego de veterinaria que foi transmitido nun manuscrito heteroxéneo de comezos do século XV e que, á súa vez, é tradución dunha coñecida obra latina escrita cara ó ano 1250 por Giordano Ruffo na prolífica corte italiana de Federico II. Este libro constitúe o derradeiro traballo do profesor José Luis Pensado Tomé, que, pouco antes do seu pasamento, deixara no devandito centro de investigación un borrador do mesmo que constaba dunha introdución, unha edición (paleográfica) e un glosario. Dado que o profesor salmantino deixara dúas versións diferentes do libro, fíxose necesaria unha revisión que correu a cargo do entón bolseiro do Centro, Gerardo Pérez Barcala, que completou o traballo cunha proposta provisional de edición crítica do mesmo (que forma parte dun traballo en curso) utilizando uns criterios regularizadores (táctica seguida noutras edicións derivada dos proxectos enmarcados no Arquivo Galicia Medieval que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro) e tomando como referente o feito de que o texto galego é unha tradución dun texto anterior.