CRPIH

 
Logo Ramón Piñeiro: sobre a saudade e outros temas

Ramón Piñeiro: sobre a saudade e outros temas

Luís Rei Núñez

2004

84-453-3819-6

Prezo: 5 €

Páxinas:

Formato:

Imprime:

No ano 1985 o xornalista –logo salientable poeta e narrador– Luís Rei Núñez mantivo unha longa entrevista con Ramón Piñeiro que discorreu fundamentalmente arredor do tema da saudade, tema que o entrevistado tratara xa na década dos cincuenta en páxinas ensaísticas que publicara a editorial Galaxia, tan unida á figura do mesmo Ramón Piñeiro. A mencionada entrevista, feita cunha sinxela gravadora, reprodúcese agora en CD e rescata, así, a palabra viva, oral, directa do autor de Filosofía da saudade. Este documento é a segunda contribución ó arquivo sonoro que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades dedica a don Ramón, sempre disposto a falar en todo tipo de actos nos que a lingua e a cultura de Galicia (e, en consecuencia, a saudade) foran protagonistas.