CRPIH

 

As Cantigas de Loor de Santa María

Elvira Fidalgo (Coordinador); Milagros Muíña, Fernando Magán Abelleira , Mª Xesús Botana Villar (Equipo de investigación); Mariña Arbor Aldea (Colaborador)

2004

84-453-3780-7

Prezo: 7 €

Páxinas: 432

Formato: 16 x 23,3 cm.

Imprime: Grafisant, S.L.

Trátase dunha edición das corenta e dúas cantigas de loor do cancioneiro marial de Afonso X. O estudo comprende unha introdución que sitúa o lector nas coordenadas do culto mariano na Idade Media; a continuación facilítanse xeralidades atinxintes ás cantigas de loor, onde se clarifican algúns conceptos de carácter teolóxico; a seguir ocúpase da tradición manuscrita e, finalmente, explícanse os criterios aos que responde a edición presentada. O corpo da edición constitúeno os corenta e dous textos co aparato de variantes presentes nos outros manuscritos e, acompañando a cada un dos textos, un apartado de notas onde se asentan conceptos de tipo filolóxico e teolóxico; por último, a cada cantiga corresponde un comentario explicativo que, segundo a natureza do texto, estará máis orientado cara a unha interpretación literaria ou teolóxica, non excluíndose, obviamente, ningún dos dous aspectos. Finalmente, os índices e un completo repertorio bibliográfico.