CRPIH

 
Logo Gallegada e outros textos en prosa de Valentín Lamas Carvajal.

Gallegada e outros textos en prosa de Valentín Lamas Carvajal.

Modesto Hermida García (Director do proxecto); Rafael Adán Rodríguez (Edición)

2004

84-453-3756-4

Prezo: 20 €

Páxinas: 356

Formato: 15 x 21,5 cm.

Imprime: Galigraf Galicia

Esta nova entrega do proxecto “Narrativa Recuperada” recolle unha ampla panorámica da produción narrativa de Valentín Lamas Carvajal (Ourense, 1849- 1906). A presente edición está xebrada en dous bloques: unha introdución e mais a escolma de textos do escritor ourensán. A introdución conta con cinco apartados que comezan cun repaso á bibliografía de Lamas Carvajal. A seguir temos unha achega ao volume Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos da terriña (1887) –cunha detallada descrición da fortuna literaria de todos os seus relatos, tanto en libros como en xornais. Despois descríbesenos o xornal– O tío Marcos da Portela, onde se analiza o personaxe Marcos da Portela e onde se salienta a importancia deste xornal como alicerce da prensa escrita en galego. Esta introdución péchase coa bibliografía e mais cos criterios de edición. O segundo bloque reproduce os textos –a introdución “Ó leutor” máis dezanove relatos– que integran Gallegada. Seguidamente temos a escolma de sesenta textos publicados sen asinar en O tío Marcos da Portela e que se atribúen a Lamas Carvajal. Esta colectánea está ordenada tematicamente en seis apartados –”Editoriais”, “Homenaxes”, “Descrición de personases”, “Sociolóxicos”, “Política” e “Prosas varias”– e por orde cronolóxica da súa publicación en O tío Marcos da Portela.