CRPIH

 

Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve)

Modesto Hermida García (Coordinador)

2004

84-453-3736-X

Prezo: 20 €

Páxinas: 680

Formato: 15 x 21,5 cm.

Imprime: Grafinova, s.a.

Narradores ocasionais do século XIX é un compendio de textos narrativos ou paranarrativos publicados en diversos medios xornalísticos durante o último terzo do século XIX. Neste compendio acóllese a escasa obra en galego de cada un dos trinta e nove autores coñecidos, máis que nada por actividades alleas á súa contribución narrativa, e tamén aqueloutra da responsabilidade de sinaturas descoñecidas, formuladas a modo de iniciais, a modo de seudónimos ou de posibles antropónimos que nos resultan de todo descoñecidos. Para cada autor, estes relatos van introducidos por unha sintética bibliografía, así como dalgunha consideración textual dende a perspectiva socioliteraria. Como obra coral, este volume é da responsabilidade dunha manchea de mozos e mozas que inician biografía como estudosos da literatura e da súa historiografía; a saber: Rafael Adán, Eulalia Agrelo, Mª Teresa Araújo, Alexandra Cabaleiro, Xavier Campos Villar, Isabel Mociño, Mª Teresa Monteagudo, Mario Romero e Isabel Soto.