CRPIH

 
Logo Roberto Nóvoa Santos (Nova interpretación antropolóxica)

Roberto Nóvoa Santos (Nova interpretación antropolóxica)

Ramón López Vázquez

2004

84-453-3849-8

Prezo: 6,24 €

Páxinas: 260

Formato: 13 x 21 cm.

Imprime: Litonor

No libro Roberto Nóvoa Santos (Nova interpretación antropolóxica), Ramón López Vázquez aborda a sempre problemática condición humana desde unha perspectiva anovadora: “A asimetría funcional do sistema nervioso”. O principio “todo organismo debe ser considerado coma un sistema funcionalmente asimétrico” aplícallo á realidade humana desde que aparece como especie ata que desaparece como individuo. A totalidade do ensaio vén sendo unha resposta conxunta sobre a aventura da vida humana no tempo e no espazo. As teorías do Evolucionismo e da Reflexoloxía danse a man na hora de amosar de xeito sistemático as interaccións constantes entre o ser humano e maila natureza. Á par coa exposición antropolóxica, tamén a identidade social e cultural de Nóvoa Santos queda ben debuxada dentro das coordenadas espaciais de Galicia e Iberoamérica e nas temporais da Idade de Prata da cultura española –Xeración de 1914–; ámbalas dúas alentadas polo propósito de europeizar a vida intelectual en España.