CRPIH

 

Centro Gallego (Montevideo 1917-1918)

Luís Alonso Girgado, María Cuquejo Enríquez (Edición)

2004

84-453-3952-4

Prezo: 24 €

Páxinas: 188

Formato: 26,5 x 40 cm.

Imprime:

Centro Gallego, publicación voceira do Centro Galego de Montevideo – o máis antigo de todos os Centros Galegos do mundo, fundado o día 30 de agosto de 1879 – ve a luz, sequera parcialmente – por segunda vez nesta coidada edición facsimilar realizada por Luís Alonso Girgado e María Cuquejo Enríquez. Este facsimilar, editado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, abrangue os trece primeiros números e está baseado no volume existente, ben conservado aínda hoxe, na biblioteca do devandito Centro Galego de Montevideo. O importante cambio de formato que a revista experimentou no seu número 14 aconsellou a selección destes trece números iniciais e a súa edición no vo lume que agora se presenta. Polo demais, a revista Centro Gallego tivo continuidade durante varias décadas e no ano 1979 lanzaba un número conmemorativo da fundación do Centro. Tanto a traxectoria desta publicación como a súa duración avalan aínda con máis forza, se cabe, a edición facsimilar dos seus primeiros números.