CRPIH

 

Dicionario Galego de Televisón

Edith Pazó Fernández; Manuel Videira (son), María Varela (realización), Jorge Muñoz (edición), Alberto Goitia (iluminación), Vítor Estévez (telecomunicaciones) (Revisión)

2005

84-453-4062-X

Prezo: 6 €

Páxinas: 247

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime:

Como resposta á “necesidade urxente de lle procurar un nome galego a cada elemento da produción televisiva”, nace este novo dicionario que se sitúa no ronsel do Vocabulario Galego da Comunicación (1996) e nútrese de anteriores recompilacións terminolóxicas, así como de fontes orais. Documentos e textos de ben diferente natureza foron inestimables apoios para artellar este corpus lexicográfico composto por 3.000 definicións e 2.500 entradas léxicas, que levarán ao interesado ao ámbito da linguaxe da televisión. A inusitada celeridade da evolución tecnolóxica axiña fará inactual e caduca unha parte deste material e, por tanto, precisarase facer engadidos e reformas neste material terminolóxico, en cuxa configuración e fixación se evitaron fáciles mimetismos de termos doutras linguas. Por conseguinte, e malia non poucos atrancos que os autores foron quen de afrontar e resolver, esta é unha aposta meditada e rigorosa polas palabras galegas nun ámbito no que ata hai ben pouco estiveron excluídas.