CRPIH

 

Cantigas de Santa María: proposta de explotación didáctica

Elvira Fidalgo, Milagros Muíña

2005

84-453-4174-X

Prezo: 16 €

Páxinas: 325

Formato: 19 x 25 cm.

Imprime: Litonor

Trátase dunha escolma de 40 cantigas (37 de milagre e 3 de loor) que pretende achegar as Cantigas de Santa Maria aos estudantes de ensino medio, empregando mecanismos semellantes aos que funcionan nos demais textos que adoitan ler (linguaxe sinxela, textos atractivos e imaxes). Para iso, en primeiro lugar, tivemos que adaptar o texto á lingua actual, na que os nosos escolares se manexan con comodidade, pero conservando a rudeza da sintaxe medieval e as súas peculiaridades léxicas. A seguir, ofrécense unhas notas aclaratorias e unha paráfrase, en prosa, do contido da cantiga. Ábrese despois un apartado que, dependendo do tema da cantiga, informa acerca de determinados usos e costumes da vida na Idade Media e, finalmente, propóñense unha serie de exercicios gramaticais e actividades para levar a cabo en grupo. Para o seu correcto aproveitamento, este libro precisa do concurso do profesor, que pode atopar nel un instrumento útil para o seu labor de docente, pero non só para a hora de literatura medieval galega, senón para a hora de historia, de arte, de ética, de relixión e, claro, de lingua galega.